Un mar de solucións en conxelados

Globalimar é unha empresa especializada na importación, produción e comercialización de produtos do mar conxelados, cunha grande experiencia neste eido.

Contamos cunha ampla gama de mariscos, surimi, cefalópodos e peixe, que comercializamos coas nosas marcas.

  • aligator logo

    Produtos orientados a un segmento do mercado que valora a alta calidade, mais sen renunciar a un prezo competitivo.

  • amura logo

    Unha marca dirixida cara a un mercado que esixe máis competitividade, sen renunciar a unha boa calidade nos produtos.

  • amatsu logo

    Unha marca que coñece e respecta a relación prezo-calidade axeitada para o mercado do Magreb.

globalimar empresa
map

Mercado de produción e de abastos

En Globalimar controlamos e supervisamos a trazabilidade de todos os produtos que importamos. Os principais países onde se pesca, se produce e se desenvolven as nosas actividades son:

Sueste Asiático: China, Vietnam, India, Malaisia, Indonesia, Bangladesh e Tailandia.

Norte de Europa: Escocia, Irlanda, Holanda, Dinamarca, Groenlandia e Islandia

América do Norte: Estados Unidos e Canadá.

Mercado de comercialización

En Globalimar comercializamos os nosos produtos principalmente en Europa e no norte de África, aínda que actualmente España é o noso principal mercado.

Temos presenza comercial propia en Europa (Francia, Bélxica, Italia, Alemaña e Grecia, entre outros) e en Marrocos, ademais de axentes no resto do mundo.

Globalimar ten unha política comercial moi clara e os nosos produtos distribúense unicamente mediante as seguintes canles de venta:

Distribución tradicional: almacenistas e distribuidores de conxelados.

Alimentación moderna (venta polo miúdo): cadeas de alimentación de alcance nacional e rexional

Esta web emprega "cookies" propias e de terceiros para lle ofrecer un mellor servizo. Ao navegar por ela, o usuario acepta o emprego das devanditas cookies. Máis información
ACCEPTAR